Menú

UN POUCO

DE FOLK

Unha marea de ideas, da man de bandas e cuartetos de gaitas, cristaliza nunha proposta folk dende agrupación formada no Barbanza. Partimos da música tradicional e de autor, con raigame tanto en Galicia coma noutras rexións que nos rodean de España e Europa, coas cales compartimos afinidades en canto a instrumentos, ritmos e melodías. O noso repertorio nútrese na actualidade tanto de composicións propias como doutras interpretadas e compostas por agrupacións tales como Os Rosales, ou Muxicas, así como diversos temas tradicionais tanto galegos como doutras rexións como a Bretaña ou Asturias. A pesares da nosa curta traxectoria, fomos un dos grupos participantes no Festival da Luz 2019, grazas a ser unha das agrupacións premiadas na edición dese ano do concurso Interritmos, organizado pola asociación Deloa. Tamén acadamos ser finalistas na edición do Interritmos nos anos 2021 e 2022.