A Asociación Cultural Os Liantes nace no ano 2017, con sé na parroquia de Artes (Ribeira, A Coruña) ao redor dun grupo de persoas de diversas procedencias e con ampla experiencia na música tradicional de Galicia. A interese da Asociación está tanto na interpretación musical como na organización de eventos vinculadas con esta, como poden ser as foliadas, os cursos, ou outras actividades que promocionen a música de raíz. O cerne da Asociación estivo composto por integrantes da Banda de Gaitas do Centro Recreativo de Artes, pero coa intención de abrir as portas a novas persoas e músicas. Deste xeito, pasamos a contar con membros de bandas e grupos tan importantes como Ancoradoiro de Ribeira ou Queixucas de Xuño. O noso nome, Os Liantes, é reflexo do noso carácter inquieto, que nos leva unha e outra vez na procura de novos retos, e tamén ten moito que ver cunha reflexión que un recoñecido gaiteiro nos comparteu nunha ocasión : “¿Qué diferencia ós gaiteiros da zona do Barbanza?¿Pode ser que sexades máis festeiros?”
Asociación Cultural Os Liantes
Barrio Canteira s/n
Portal 4, esc. A, planta 2, Porta F
15960 Ribeira
a Coruña
616 02 81 23
Fax: Non temos disto