Alboradas, misas, procesións, foliadas, festas, vodas, romarías e encontros son, entre outras, moitas das manifestacións musicais e festivas arredor da música tradicional. A Asociación Os Liantes conta cun repertorio orientado a este tipo de celebracións en varios formatos de agrupación, como a formada por varios gaiteiros acompañados de percusión, con bombo, tambores e panderetas. Nesta mesma formación incluimos outros instrumentos que, sen ser tradicionais en sentido estricto, acadaron facerse un oco dentro destas agrupacións musicais a través da súa integración nas bandas de música que se popularizaron no século XIX en Galicia. Estes instrumentos, tales como o clarinete, o saxofón ou a caixa, viñeron a enriquecer o repertorio existente cos seus sons distintivos, pasando así a formar parte da paixase sonora da nosa música de raíz..