Menú

QUE NOS POÑEMOS

A nosa vestimenta está inspirada, o igual que acontece coa nosa música, na tradición do país:

TRAXE DE COTíO - O noso traxe de cotío é o que empregaban as mulleres e homes do rural galego a finais do século XIX e comezos do XX. Esta roupa estaba feita principalmente de liño; como era un material resistente, fresco e doado de tinguir, adaptábase ben ás condicións climáticas e económicas da poboación. Destacan no mesmo as camisas brancas de colo alto e mangas longas, así como os zocos de coiro con sola de madeira, os cales empregaban para protexerxe do barro e a humidade.

TRAXE DE ÉPOCA - Conforme avanzaba o século XX, fóronse introducindo novos materiales, como o algodón e a lá, que permitieron a confección de prendas máis lixeiras e adaptadas as novas tendencias de moda. O traxe de época empregouse principalmente en contextos urbanos e en actos sociais, reflectindo a modernización da sociedade galega e a influencia das modas europeas nos anos 20 que, aínda que menos visibles en Galicia que noutras partes de Europa, influíu na vestimenta das clases altas, mentres que as clases medias e traballadoras foron adoptando, aos poucos, elementos desta nova moda. Os homes vestían traxes máis formáis de tres pezas, compostos por chaqueta, chaleco e pantalón, feitos xeralmente de lá ou algodón. Os sombreiros eran tamén un accesorio común, variando en estilo e forma.